AGADOL abre canles de colaboración con pacientes, profesionais e institucións
A asociación busca crear unha rede de apoio, sensibilización e colaboración para mellorar a vida das persoas con dor crónica.
Ler máis
AGADOL · Galicia
AGADOL nace para acompañar, visibilizar e defender ás persoas que conviven cada día coa dor crónica en Galicia.
“A dor crónica pode ser invisible, pero a nosa voz non.”
Impacto en Galicia
26,7%
da poboación adulta en Galicia vive con dor crónica.
+ media
Galicia sitúase por enriba da media estatal en prevalencia.
7/10
intensidade media da dor declarada polas persoas afectadas.
6+ anos
duración media da dor crónica. Afecta ao traballo, descanso, familia e saúde mental.
Datos baseados no Barómetro da Dor Crónica en España 2022 e na análise específica de Galicia.
Unha realidade invisible
A dor crónica non sempre se ve nunha proba médica, non sempre ten unha explicación sinxela e moitas veces non recibe a comprensión que merece. Pero para quen a sofre, está presente cada día: ao erguerse, ao traballar, ao coidar da familia, ao desprazarse, ao intentar durmir ou ao explicar unha vez máis o que lle acontece.
En AGADOL queremos romper o silencio arredor da dor crónica en Galicia e crear un espazo seguro onde compartir, comprender, acompañar e actuar.
Se ti tamén vives con dor crónica, non estás soa. Non estás só.
Quero formar parte
A nosa misión
Levar a realidade diaria das persoas con dor crónica aos medios, institucións e sociedade galega.
Crear unha comunidade onde pacientes e familias atopen comprensión, recursos, escoita e apoio.
Traballar con profesionais, unidades da dor e institucións para mellorar o abordaxe da dor crónica.
Facilitar o intercambio de experiencias entre pacientes e crear redes de apoio en Galicia.
Últimas noticias
A asociación busca crear unha rede de apoio, sensibilización e colaboración para mellorar a vida das persoas con dor crónica.
Ler máisVivir con dor crónica afecta ao descanso, ao traballo, á vida familiar, á saúde mental e á autonomía persoal.
Ler máisA Asociación Galega de Pacientes con Dor Crónica nace para visibilizar unha realidade que afecta a millóns de persoas e que moitas veces permanece invisible.
Ler máisActualidade de AGADOL
En AGADOL traballamos para visibilizar a dor crónica, compartir información útil e dar voz ás persoas que conviven con esta realidade. Aquí podes ver a nosa actividade máis recente en Facebook e LinkedIn.
Publicacións, campañas, mensaxes de sensibilización e actividade dirixida a pacientes, familias e comunidade.
Para ver as publicacións de redes sociais, é posible que se cargue contido externo de Facebook.
Actividade institucional, novas, colaboracións, presenza en medios e contidos dirixidos a profesionais, empresas e institucións.
AGADOL — Asociación Galega de Pacientes con Dor Crónica
LinkedIn non permite incrustar o feed completo dunha páxina nun sitio externo. Consulta a nosa actividade institucional e profesional directamente na nosa páxina.
Da dor invisible á acción compartida