Misión

A nosa misión

Traballamos por unha Galicia onde a dor crónica deixe de ser invisible e onde cada persoa afectada atope escoita, comprensión e respostas en todos os ámbitos da súa vida.

Catro eixosEscoitar, coñecer, representar e incidir

Escoitar

Recollemos a experiencia directa de pacientes, familias e coidadoras. A escoita é o primeiro paso para facer visible o que outros non ven.

Coñecer

Transformamos esas experiencias en datos, información comprensible e coñecemento colectivo sobre a dor crónica en Galicia.

Representar

Representamos as necesidades non cubertas ante institucións, profesionais sanitarios, empresas, medios e a sociedade galega.

Incidir

Promovemos propostas concretas de mellora para a resposta sanitaria, familiar, social e laboral á dor crónica.

Seis dimensiónsA dor crónica vai máis aló da enfermidade

A dor crónica afecta a todos os ámbitos da vida. Por iso AGADOL traballa sobre seis dimensións interconectadas.

Sanitaria

Atención, diagnóstico, tratamento e coordinación entre especialistas e unidades da dor.

Familiar

Impacto na vida en familia, nos coidados e nas relacións persoais.

Emocional

Ansiedade, esgotamento e o peso de vivir cunha dor que non se ve.

Social

Illamento, incomprensión e dificultade para participar na vida cotiá.

Laboral

Absentismo, incapacidade e necesidade de axustes no posto de traballo.

Económica

Gastos en tratamentos, axudas técnicas e perda de ingresos nos fogares.

“Facer visible o que moitas veces non se ve.”

Quero apoiar AGADOL