Apoio

Pacientes e familias

Se padeces dor crónica ou acompañas a alguén que a vive, AGADOL quere ser un lugar de escoita, apoio e comunidade.

Non estás soa. Non estás só.

No centroPacientes e familias no centro de AGADOL

AGADOL nace das persoas que viven con dor crónica. A súa experiencia cotiá, as súas necesidades e os seus dereitos son o motor de todo o que facemos.

Tamén acompañamos ás familias e ás persoas coidadoras, porque a dor crónica non se vive en soidade. O noso obxectivo é que ningunha persoa se sinta ignorada ou incomprendida.

A túa voz fai visible a dor crónica.

O que ofrecemos

  • Escoita e acompañamento. Un espazo seguro para compartir experiencias e sentirse comprendido.
  • Orientación e recursos. Información útil para pacientes e familias que conviven coa dor crónica.
  • Axuda nos trámites. Orientación básica para iniciar trámites relacionados con axudas, recursos sociais, discapacidade ou incapacidade.
  • Experiencias compartidas. Compartimos información baseada na experiencia de persoas que xa pasaron por determinados profesionais, unidades ou recursos.
  • Acompañamento familiar. Apoio para que as familias comprendan mellor o impacto da dor crónica na vida diaria.
  • Fala con AGADOL. Escríbenos e poñerémonos en contacto contigo para orientarte.

ComunidadeUn espazo de escoita e apoio

Compartir

Un lugar seguro para contar o que se vive sen xuízos.

Aprender

Información e recursos para entender mellor a dor crónica e os seus efectos.

Actuar

A túa experiencia axuda a representar mellor as necesidades de todas as persoas afectadas.

AGADOL non substitúe a valoración médica, xurídica ou administrativa profesional. O noso papel é orientar, acompañar e compartir experiencias útiles desde a comunidade de pacientes.