Asociación
Quen somos
AGADOL é unha organización de coñecemento, representación e incidencia, creada para facer visible a verdadeira dimensión sanitaria, familiar, emocional, social, laboral e económica da dor crónica en Galicia.

A nosa asociación une pacientes, familias, profesionais sanitarios, institucións, empresas, medios de comunicación e entidades sociais arredor dunha mesma necesidade: que a dor crónica deixe de ser unha realidade silenciosa.
Traballamos desde Galicia, coa mirada posta nas persoas que cada día conviven con dor, nas súas familias e nas persoas coidadoras. O seu experiencia é o punto de partida para todo o que facemos.
Se ti tamén vives con dor crónica, non estás soa. Non estás só.
A nosa forma de traballarDe experiencia a proposta
Escoita
Recollemos a experiencia directa de pacientes, familias e coidadoras en Galicia.
Coñecemento
Transformamos esas experiencias en datos, información comprensible e coñecemento colectivo.
Representación
Representamos as necesidades non cubertas ante institucións, profesionais e medios.
Incidencia
Promovemos propostas concretas para mellorar a resposta á dor crónica en todos os ámbitos.
Por que nace AGADOLPor que existe AGADOL?
- Para que os pacientes se sintan escoitados.
- Para que as familias comprendan mellor a realidade da dor crónica.
- Para que a sociedade galega coñeza o impacto desta problemática.
- Para promover unha atención coordinada entre profesionais.
- Para dialogar co Sergas, institucións públicas, entidades sociais e medios.
- Para crear unha rede galega de apoio entre pacientes.